Secretaría Uvigo
.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.
Avaliación da satisfacción do estudantado cos programas de doutoramento 2021
Información xeral
06-10-2021 ata: 04-11-2021O xoves 7 de outubro de 2021 e ata o xoves, 4 de novembro, está aberto o prazo para que o estudantado de doutoramento poida avaliar a súa satisfacción cos programas de doutoramento da Universidade de Vigo.
Tal e como aprobou a Comisión de Calidade da Eido, este ano 2021 avaliarase o curso 2020/21.
Trátase de dous cuestionarios diferentes: un deles destinado ao estudantado matriculado no 1º ano de doutoramento no curso 2020/21, e o outro ao estudantado matriculado no 3º ano nese mesmo curso.
Os cuestionarios poden responderse en liña mediante unha aplicación informática de enquisas á que se accede a través dunha ligazón personalizada para cada estudante de doutoramento.
O tratamento dos datos é anónimo e confidencial. O acceso personalizado en ningún caso quedará asociado ás respostas emitidas ao encher o cuestionario nin ao tratamento dos seus resultados.
Para calquera dúbida, soporte ou apoio que precise pode dirixirse ao coordinador de calidade da Escola Internacional de Doutoramento, a través do enderezo electrónico eido.subdir@uvigo.es ou do teléfono 986 813 442.
Lembrámoslle que este proceso de recollida da opinión resulta imprescindible para a mellora continua dos programas de doutoramento da Universidade de Vigo, polo que agradecemos a súa colaboración dun xeito sincero e responsable.
O director da Escola Internacional de Doutoramento
Antonio Pino García
- posgrao@uvigo.gal
- +34 986 811 950