Secretaría Uvigo
.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.
VII XORNADA UNIVERSITARIA GALEGA EN XÉNERO. Desigualdades de xénero en tempos de COVID
Unidade de Igualdade
24-03-2021Apertura de presentacións de comunicacións para a VII XORNADA UNIVERSITARIA GALEGA EN XÉNERO (XUGeX). Desigualdades de xénero en tempos de COVID que se realizarán o 10 e 11 de xuño de 2021 de xeito virtual.
Nesta sétima edición centrámonos en visibilizar o impacto da actual crise sanitaria, social e económica nos ámbitos da violencia de xénero e da traxectoria investigadora das mulleres; así como a importancia da aposta por unha docencia universitaria con perspectiva de xénero.
Áreas temáticas:
A presentación de propostas será a través do envío do formulario de comunicación aos seguintes enderezos electrónicos, dependendo da área temática:
-Violencias contra as mulleres (oficina.igualdade@udc.gal)
-Mulleres, investigación e COVID ( igualdade@uvigo.es)
-Perspectiva de xénero na docencia universitaria (oix@usc.gal)
Prazo límite para presentar propostas de comunicación: 30 de abril de 2021
- VII XORNADA UNIVERSITARIA GALEGA EN XÉNERO. Desigualdades de xénero en tempos de COVID [1337.48 Kbytes]
- igualdade@uvigo.gal
- +34 986 813 419