Secretaría Uvigo
.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.
Seminario Dr. Martín López García-" Estructuras fotónicas Naturais e biomiméticas"
Seminarios e conferencias
26-02-2021Estimada Comunidade Universitaria:
O investigador do "Iberian Nanotechnology Laboratory (INL)" Martín López García (https://https://inl.int/inl-people/martin-lopez-garcia/) impartirá un semirario virtual aos estudantes do Máster en Nanociencia e Nanotecnoloxía. O seminario estára aberto ademáis a todos aqueles que estén interesados en asistir.
Acceso: https://campusremotouvigo.gal/access/public/meeting/376568349
Contraseña alumnado: nhCHs8eh
Data: Venres 26 de Febreiro de 9 a 10 am.
Título: " Estructuras fotónicas Naturais e biomiméticas"
Resumo:
A nanostructuración a diferentes niveis celulares ten unha importancia fundamental na biofísica da maioría dos organismos vivos. O descubrimento das extraordinarias propiedades de moitas destas nanostructuras fixo que se tornaran fonte de bioinspiración en diversos campos da nanotecnoloxía e, en especial, no desenrolo de novas nanoestructuras para a manipulación da luz na nanoescala, a nanofotónica. Organismos tan diversos como insectos, aves ou prantas teñen desenvolvido, o longo de milleiros de anos de evolución, complexas nanoestructuras fotónicas con propiedades imposibles de replicar por medios artificiais ate fai ben pouco. Mais co traballo conxunto de físicos, biólogos e químicos moitas das extraordinarias propiedades destas nanoestructuras empezan a ser coñecidas e replicadas no laboratorio abrindo a porta à bioinspiración en nanofotónica e permitindo en moitos casos obter tecnoloxías mais eficientes ou con materiais menos prexudiciais para o medio ambiente.
Neste seminario explicarei os aspectos mais xerais destas estructuras fotónicas naturais. Na segunda parte do seminario centrareime nas nanoestructuras usadas por algunhas prantas e algas para controlar a luz absorbida na fotosíntese. Ditas nanostructuras inclúen a autoensamblaxes de nanosferas de lípidos en algas arbustivas ou exoesqueletos de biosílica en microalgas para o filtrado de determinado espectro solar. Para rematar describirei brevemente os esforzos que estamos a facer no noso grupo do INL para imitar estas nanostructuras fotónicas naturais mediante procesos de nanofabricación de cara, por exemplo, á produción de enerxía verde.
- pastoriza@uvigo.gal
- +34 986 813 813
- http://coloides.webs.uvigo.es/