Secretaría Uvigo
.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.
Selección provisional de candidaturas convocatoria interna PTA 2020
Recursos Humanos de I+D
22-01-2021No día de hoxe dáse publicidade no taboleiro de anuncios á Resolución reitoral do 22 de xaneiro de 2021 pola que se publica a selección provisional de candidaturas pola Universidade de Vigo para presentar unha solicitude de persoal ténico de apoio á I+D+i na convocatoria 2020 do Programa estatal de promoción do talento e a súa empregabilidade, do Ministerio de Ciencia e Innovación.
As persoas interesadas poderán formular alegacións contra esta resolución concedéndose para isto un prazo de 5 días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación da resolución de admisión provisional.
- seccion.rrhh.investigacion@uvigo.gal
- +34 986 813 599