Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Selección provisional de candidaturas convocatoria interna PTA 2020

Recursos Humanos de I+D

22-01-2021

No día de hoxe dáse publicidade no taboleiro de anuncios á Resolución reitoral do 22 de xaneiro de 2021 pola que se publica a selección provisional de candidaturas pola Universidade de Vigo para presentar unha solicitude de persoal ténico de apoio á I+D+i na convocatoria 2020 do Programa estatal de promoción do talento e a súa empregabilidade, do Ministerio de Ciencia e Innovación.

As persoas interesadas poderán formular alegacións contra esta resolución concedéndose para isto un prazo de 5 días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación da resolución de admisión provisional.