Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Resolución definitiva axudas fondo social 2019

Información xeral

27-11-2020 ata: 01-12-2023

O/A  Servizo de Retribucións e Seguros Sociais publica o seguinte aviso:

Con data de 27 de novembro de 2020, publícase nos taboleiros de anuncios a Resolución Reitoral do 27 de novembro 2020 pola que se resolve a convocatoria correspondente ás axudas de Fondo Social 2019.

As persoas participantes, tal e como indica a base duodécima da convocatoria, poderán consultar o resultado da súa solicitude na Secretaría virtual da Universidade de Vigo (https://secretaria.uvigo.gal), PDF 2018.

Na nómina deste mes de novembro procederase ao ingreso das prestacións de acción social correspondentes á convocatoria 2019.

O Fondo de acción social 2019 repartirase entre 438 solicitantes. O importe total repartido en concepto de axudas do fondo social 2018 ascende á cantidade de 178.969,00€, repartidos entre as seguintes axudas:

Axuda 1. Atención a persoas con discapacidade física psíquica e/ou sensorial ou dependencia: 25.968,15€

  • A contía máxima grao discapacidade entre > 33% e o 64% ou dependencia grao I: 500€
  • A contía máxima grao discapacidade entre > 65% e o 74% ou dependencia grao II: 1.200€
  • A contía máxima grao discapacidade > 75% ou dependencia grao III: 1.500€

Axuda 2. Coidado de familiares

 *Coidado de fillas e fillos de 0 a 3 anos: 19.988,66€

  • A contía máxima por filla ou fillo de 0 a 3 anos: 551€

*Coidado de fillas e fillos de 3 a 6 anos: 20.001,87€

  •  A contía máxima por filla ou fillo de 3 a 6 anos: 395,50€

*Coidado de maiores de 70 anos: 3.321,92€

  • A contía máxima por maiores 70 anos: 500€

Axuda 3. Estudos do persoal, fillas, fillos e cónxuxe ou parella de feito: 45.902,07€

  • A contía máxima por causante é de 156€

Axuda 4. Tratamentos de saúde do persoal, cónxuxe ou parella de feito, fillos e fillas: 63.786,33€

  • A contía máxima por causante é de 220€