Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Admisión provisional de axudas propias para a mobilidade de persoal investigador da Universidade de Vigo

Recursos Humanos de I+D

10-07-2020

No día de onte publicouse nos rexistros e no taboleiro electrónico da Universidade de Vigo a Resolución reitoral do 9 de xullo pola que se publica a relación provisional de solicitudes admitidas e excluídas da convocatoria de axudas propias á mobilidade do persoal investigador da Universidade de Vigo, 2020 que se pode consultar no seguinte enlace: https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/convocatoria/public/show/513

 

As persoas interesadas poderán formular alegacións concedéndose para isto un prazo de dez días hábiles, contados dende o día seguinte ao da publicación desta resolución para, de ser o caso, emendar as causas de exclusión ou achegar os documentos preceptivos. As alegacións deberán presentarse a través do aplicativo SUXI presentando o resgardo xerado ao finalizar o trámite a través da sede electrónica da Universidade de Vigo no enderezo https://sede.uvigo.gal/ mediante unha instancia xenérica SXER, sen prexuízo de que tamén poida presentarse nos lugares indicados no artigo 16.4 da lei 39/2015 de 1 de outubro.