Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Voluntariado - Axuda a estudantes con necesidades específicas de apoio educativo - PIUNE

Información voluntariado

23-04-2020 ata: 31-08-2020

O voluntariado durante a situación provocada polo COVID-19 será estrictamente voluntariado online/virtual polo que antes de inscribirse debe poñerse en contacto coa persoa responsable para que lle explique cómo se levará a cabo de forma precisa.

Dentro do Proxecto de voluntariado de axuda a estudantes con necesidades específicas de apoio educativo - PIUNE solicítase urxentemente unha persoa voluntaria para axudar a unha alumna que está a realizar o TFG na Facultade de Fisioterapia.

Para a súa elaboracíon, é preciso indagar en diferentes bases de datos, ler a información atopada e ir redactando o manuscrito. Polo tanto, o tempo que se ten que estar diante dun ordenador para o mesmo é considerable e é necesario dende o seu inicio ata o final.
A persoa que colabore coa interesada para realizar o mesmo sería preciso que coñeza algo das bases de datos para que coas indicacións da alumna poida ir facendo o que se lle indique. Sería incluso aconsellable que a persoa voluntaria domine inglés pois a información que se atopa principalmete está nese idioma. Ainda que isto pódese solventar coa axuda de traductores e incluso algúns teñen reproducción do texto por son. A persoa voluntaria tamén pode contribuir a redacción dos distintos apartados ou instalar un programa no ordenador que convirte a voz en texto.

--------------

Anímate e ponte en contacto con: 

María Victoria Güenaga Gude: De luns a venres de 9:00 a 14:00 horas

Teléfono: 986813817

Mail: diversidade@uvigo.es

Depois podes inscribirte premendo no seguinte enlace: https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/voluntariado/public/proyecto/show/107

Podes atopar mais proxectos/programas de voluntariado nos que tamén podes participar en: https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/voluntariado/public