Secretaría Uvigo
.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.
O voluntariado durante a situación provocada polo COVID-19 será estrictamente voluntariado online/virtual polo que antes de inscribirse deben poñerse en contacto con PROVIVIENDA para que lles expliquen cómo se levará a cabo de forma precisa.
Proxectos de voluntariado en colaboración con PROVIVIENDA:
** Desenvolvemento formativo de persoas solicitantes de asilo:
Obxectivo xeral: Favorecer a integración sociolaboral das persoas que forman parte do programa de acollida temporal e integración para solicitantes e persoas beneficiarias de protección internacional.
Destinatarios do programa: Persoas solicitantes de protección internacional.
Perfil das persoas voluntarias: Non se require un perfil determinado.
Funcións da persoa voluntaria: Impartir talleres, titorías ou sesións grupais coas persoas solicitantes de protección internacional.
Tempo de dedicación das persoas voluntarias: O tempo que valore cada profesional e que se considere necesario para realizar a actividade.
** Acollida temporal e integración para solicitantes e persoas beneficiarias de Protección Internacional:
Obxectivo xeral: Creación e mantemento dunha rede de vivendas temporais con capacidade para 28 persoas.
Destinatarios do programa: Persoas solicitantes de protección internacional.
Perfil das persoas voluntarias: Non é necesario contar con aptitudes específicas aínda que o labor principal sexa facilitar o coñecemento da lingua.
Funcións da persoa voluntaria:
1. Participar nas clases de castelán.
2. Acompañar en actividades de ocio.
Actividades que van a desenvolver:
1. A través de sesións presenciais as persoas voluntarias co apoio da mestra da Asociación apoiarán ás persoas participantes na incorporación do novo idioma.
2. Desde Provivienda lévanse a cabo actividades de lecer como son: excursións, talleres de manualidades, actividades no barrio, para o que se require acompañamento e participación do voluntariado.
Tempo de dedicación das persoas voluntarias: As clases ou actividades programadas non superarán as dúas horas diarias.
----------------------------------------
Anímate e ponte en contacto con: Ana Pardo Fernández: Luns a venres de 10:00 a 13:00 horas.
Teléfono: 637022271
Correo electrónico: anapar@provivienda.org
Despois podes inscribirte premendo no seguinte enlace: https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/voluntariado/public/proyecto/index
Podes atopar mais proxectos/programas de voluntariado nos que tamén podes participar en: https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/voluntariado/public
- extension@uvigo.gal
- +34 986 813 626