Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Voluntariado - Desenvolvemento formativo de persoas solicitantes de asilo - Asociación Provivienda

Información voluntariado

13-03-2020 ata: 30-09-2022

Proxecto de voluntariado en colaboración con Asociación Provivienda

Obxectivo xeral:

Favorecer a integración sociolaboral das persoas que forman parte do programa de acollida temporal e integración para solicitantes e persoas beneficiarias de protección internacional.

 

Obxectivo específico:

- Motivar a creación de actividades coa participación voluntaria do persoal da Universidade de Vigo.
- Permitir a adquisición de coñecementos e habilidades que repercutan nas posibilidades de inserción laboral das persoas participantes no programa de protección internacional.

 

Destinatarios do programa:

Persoas solicitantes de protección internacional.

 

Perfil das persoas voluntarias:

Non se require un perfil determinado.

 

Funcións da persoa voluntaria:

Impartir talleres, titorías ou sesións grupais coas persoas solicitantes de protección internacional.

 

Actividades que van a desenvolver:

Actividades grupais, titorías ou formacións varias sobre diversas temáticas.

 

Lugar de realización das actividades: Nas instalacións da Asociación Provivienda ou en instalacións externas que se poidan requirir para levar a cabo a actividade.

 

Tempo de dedicación das persoas voluntarias: O tempo que valore cada profesional e que se considere necesario para realizar a actividade.

 

----------------------------------------

Anímate e ponte en contacto con:

Ana Pardo Fernández: Luns a venres de 10:00 a 13:00 horas.

Teléfono: 637022271

Correo electrónico:  anapar@provivienda.org

 

Depois podes inscribirte premendo no seguinte enlace: https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/voluntariado/public/proyecto/show/105

Podes atopar mais proxectos/programas de voluntariado nos que tamén podes participar en: https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/voluntariado/public