Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Voluntariado - Asociación protectora de animais - BAI. SEN PULGAS

Información voluntariado

12-03-2020 ata: 30-09-2022

Proxecto de voluntariado en colaboración con Asociación protectora de animais - BAI. SEN PULGAS

Obxectivo xeral:

Protección de animais de compañía, granxa e silvestres.
Recollida dos animais abandonados, os seus coidados e a busca de adoptante, conforme estipula a Lei aos referidos conceptos, como a devolución dos seus donos si son identificados.
Promoción de adopcións e da tenencia responsable dos animais.
Concienciación e prevención do maltrato e abandono dos animais.

 

Obxectivo específico: Recollida dos animais abandonados, os seus coidados e a busca de adoptante.

 

Destinatarios do programa:

Persoas con diversidade funcional e/ou intelectual
Persoas con trastornos/enfermidades mentais
Poboación en protección ou en risco de exclusión social
Poboación en xeral
Terceira idade
Xuventude

 

Perfil das persoas voluntarias:

Non é necesario ningún perfil concreto, pero valorase as aptitudes de respecto cara ao mundo dos animais.

 

Funcións da persoa voluntaria:

- Comprobación do estado dos animais.
- Alimentación, aseo, proporcionarlles a medicación prescrita os que están baixo tratamento, sacalos a pasear tres veces mínimo o día e comprobación das necesidades específicas de cada un para informar e posteriormente recibir as indicacións pertinentes.
- Limpeza dos habitáculos de cada animal, así como de todo o refuxio.
- Comprobación das dotacións de comida, medicacións, etc.
- Comunicación o rematar do acontecido no desenrolo das funcións realizadas.
- Dedicar o seu tempo en paseos programados fóra do refuxio.

 

Actividades que van a desenvolver:

- Asistir a eventos benéficos, charlas de concienciación e información.
- Formación sempre que sexa posible.

 

Lugar de realización das actividades: Refuxio situado no Concello de Gondomar, Finca da Torre, Chain s/n.

 

Tempo de dedicación das persoas voluntarias: Non se dispón dun tempo fixo, estudase cada situación de voluntariado individualmente e programase a súa dedicación.

 

----------------------------------------

Anímate e ponte en contacto con:

Tatiana Álvarez Vara: Luns, xoves e venres de 18:00 a 20:00 horas Domingos de 10:00 a 12:00 horas

Teléfono: 645181585

Correo electrónico: protectora.baisenpulgas@gmail.com

 

Caterina Lago Hernández: Luns, xoves e venres de 18:00 a 20:00 horas Domingos de 10:00 a 12:00 horas

Teléfono: 645181585

Correo electrónico: protectora.baisenpulgas@gmail.com

 

Depois podes inscribirte premendo no seguinte enlace: https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/voluntariado/public/proyecto/show/108

Podes atopar mais proxectos/programas de voluntariado nos que tamén podes participar en: https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/voluntariado/public