Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Voluntariado - FUNDACIÓN MENIÑOS - Brúxula

Información voluntariado

24-01-2020 ata: 30-09-2022

Proxecto de voluntariado en colaboración con FUNDACIÓN MENIÑOS - Brúxula

Obxectivo xeral: Promover a inserción social e laboral de pais e nais en situación ou risco de exclusión social e con iso evitar a separación dos menores do seu entorno familiar e promover a súa reunificación.

 

Obxectivo específico: Recuperar e fortalecer capacidades e habilidades persoais, mellorar a alfabetización dixital e desenvolver técnicas de procura de emprego e fomentar as redes de apoio.

 

Destinatarios do programa: Poboación en protección ou en risco de exclusión social

 

Perfil das persoas voluntarias:

Boas habilidades comunicativas.
Manexo nivel usuario das ferramentas informáticas (internet, correo electrónico e procesador de textos).
Compromiso coa intervención e coa problemática das persoas participantes.
Capacidade para animar e motivar grupos.

 

Funcións da persoa voluntaria:

1. Apoio ao equipo técnico de Meniños na programación e implementación das sesións grupais do proxecto.
2. Realización de acompañamentos puntuais ás persoas participantes para o apoio na realización das xestións burocráticas que así o precisen.

 

Actividades que van a desenvolver:

1. Apoio ao equipo de Meniños nas sesións grupais de alfabetización dixital e procura de emprego.
2. Apoio no proceso de procura de emprego das persoas participantes.
3. Acompañamentos puntuais ás persoas participantes.

 

Lugar de realización das actividades: Fundación meniños - Sede Vigo: Edificio Praza América
Praza de América, nº 2 - 36210 Vigo

 

Tempo de dedicación das persoas voluntarias: De 2 e 4 horas semanais.

 

----------------------------------------

Anímate e ponte en contacto con: Marta Martínez Majolero: de 9:00 a 14:00 horas e luns e mércores tamén de tarde de 16:00 a 19:00 horas

Teléfono: 986240436

Correo electrónico: brujula.vigo@meninos.org

Depois podes inscribirte premendo no seguinte enlace: https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/voluntariado/public/proyecto/show/68

Podes atopar mais proxectos/programas de voluntariado nos que tamén podes participar en: https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/voluntariado/public