Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Voluntariado - SOS RACISMO GALICIA - Oficina de información e denuncia

Información voluntariado

15-01-2020 ata: 30-09-2022

Proxecto de voluntariado en colaboración con SOS RACISMO GALICIA: Oficina de información e denuncia

 

Obxectivo xeral: Defender os dereitos das persoas migrantes e racializadas

 

Obxectivos específico: Informar e asesorar en cuestións lexislativas, administrativas e asistenciais relacionadas coa situación das persoas migrantes así como asesoramento, denuncia e actuacións ante ás discriminacións múltiples que sofren (delitos de odio, etc.).

 

Perfil das persoas voluntarias:

Estudantes con materias relacionadas co dereito (Fac. de Ciencias Xurídicas e do Traballo, Facultade de Dereito...).
Profesionais e estudantes de servizos sociais - traballo social.
Estudantes e profesionais no eido de educación: educadores sociais, mestres, monitores tempo libre.
Persoas con preparación ou competencia en mediación.

 

Funcións da persoa voluntaria:

1. Dar apoio ás persoas que levan a Oficina de información e denuncia.
2. Asesoramento legal á poboación.
3. Información sobre os dereitos das persoas migrantes.
4. Acompañamento ás persoas usuarias nas administracións e nas relacións con distintos profesionais.
5. Axuda na tramitación de axudas públicas e recursos do terceiro sector.

 

Actividades que van a desenvolver:

- Redactar escritos de contido lexislativo.
- Participar nas formacións.
- Recibir e acompañar ás persoas usuarias.
- Conseguir e cubrir formularios e instancias oficiais.

 

Lugar de realización das actividades: Rúa Conde de Torrecedeira, 55 - 1º andar - 36202 Vigo.

 

Tempo de dedicación das persoas voluntarias: 2 horas semanais.

----------------------------------------

Anímate e ponte en contacto con: Raquel Monteso Fernández - Tardes de 17:00 a 21:00 horas.

Teléfono: 666219463 

Correo electrónico: raquelmonteso@gmail.com

 

Depois podes inscribirte premendo no seguinte enlace: https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/voluntariado/public/proyecto/show/47

 

Podes atopar mais proxectos/programas de voluntariado nos que tamén podes participar en: https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/voluntariado/public