Secretaría Uvigo
.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.
O 11/12/2019 publicouse no BOE a Resolución da Presidencia da Agencia Estatal de Investigación de 4 de decembro de 2019 pola que se aproba a convocatoria de tramitación anticipada, correspondente ao ano 2019, de diversas actuacións contempladas no Subprograma Estatal de Formación e no Subprograma Estatal de Incorporación do Plan Estatal de Investigación Científica y Técnica y de Innovación 2017-2020 entre as que están as Axudas Juan de la Cierva- Formación.
Para poder presentar unha candidatura pola Universidade de Vigo establécese un procedemento interno que se pode consultar no taboleiro de convocatorias co código JC-Formación_2019.
O prazo para enviar o formulario interno remata o 15 de xaneiro de 2020 ás 15.00 horas.
- seccion.rrhh.investigacion@uvigo.gal
- +34 986 813 599