Secretaría Uvigo
.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.
Ola, bo día.
Achégovos información do concerto co que gozaremos o vindeiro mércores, 4 de decembro, na Uvigo (reserva a data): estades todas/os convidadas/os
Programación cultural OUTONO 2019
Música
DE VACAS.
De Vacas “catro vacas que cantan e rin”, como elas mesmas se definen, presentarán ante o público universitario Tour Vacanal. Faia Díaz, Inés Salvado e Paula Romero, ás voces, e Guillerme Hernández á guitarra mesturan voces e guitarra, facendo versións, atinadamente “retranqueadas”, de temas internacionalmente coñecidos. De Vacas reivindican o “guachinein, esa lingua minorizada”, din elas, que tamén se recoñecen “amantes dos nosos poetas e de Enrique Iglesias”.
4 de DECEMBRO ás 18.30 h
Teatro Cidade Universitaria
Entrada de balde ata completar aforamento
Máis información https://www.uvigo.gal/universidade/comunicacion/axenda/concerto-grupo-vacas
Para facerse unha idea: https://www.youtube.com/watch?v=i0DrfYYECfs ou https://www.youtube.com/watch?v=zMhVDk-pFfg
Organiza: Extensión Universitaria
Acompáñanos e axudanos a difundir!!!!!!!!
- cartel [5730.33 Kbytes]
- extension@uvigo.gal
- +34 986 813 626