Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

IV EDICIÓN DE GIRA MUJERES

Área de Emprego e Emprendemento

11-11-2019 ata: 23-01-2020

Gira Mujeres é un programa gratuíto posto en marcha pola Fundación Mujeres y Coca-Cola para a capacitación persoal e profesional e dirixido a mulleres entre 18 e 60 anos, tanto das que queren acceder ao mercado laboral como das que desexan facer realidade unha idea de negocio vinculada co sector da alimentación e as bebidas, incluíndo os seguintes sectores: agrícola, alimentario, enerxético, industrial, distribución e loxística, servizos, hostelería e pequeno comercio e reciclaxe.

O obxectivo do programa é facilitarlles o coñecemento e as ferramentas necesarias, formación realizada en colaboración con entidades expertas na materia, e xunto cos principais axentes rexionais e locais.

O programa conta con tres itinerarios adaptados aos diferentes obxectivos das mulleres participantes: un itinerario para empregarse, un itinerario para emprender sen unha idea de negocio desenvolvida ou pouco avanzada ou un itinerario para emprender cunha idea de negocio xa definida.

Inscrición e máis información aquí.