Secretaría Uvigo
.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.
Introdución de méritos Programa de Valoración da Actividade Docente - DOCENTIA 2017-2018
Calidade
23-05-2019 hasta: 29-06-2019Infórmase a todo o profesorado da Universidade de Vigo que, iníciase a recollida de datos para a valoración das actividades, informes e indicadores correspondentes ao Programa de Avaliación Docente do profesorado - DOCENTIA, correspondentes ao curso 2017-2018:
- Participación en tribunais de TFG e TFM e outros traballos de fin de estudos fóra da Uvigo
- Participación en tribunais de tese de doutoramento fóra da Uvigo
- Dirección de tese (defendidas) fora da Uvigo
- Dirección de TFG e TFM e outros traballos de fin de estudos fóra da Uvigo
- Utilización de recursos de teledocencia (incluír recursos distintos de FAITIC. Os recursos en FAITIC solicítanse centralizadamente)
- Elaboración/deseño e publicación de materiais docentes.
- Asistencia a actividades de formación e actualización docente ou pedagóxica organizadas por entidades externas para a mellora da cualificación docente do profesorado.
- Dirección e/ou impartición de actividades de formación e actualización docente ou pedagóxica organizadas por entidades externas.
- Dirección/participación en proxectos ou grupos de innovación docente.
- Recoñecementos/premios de innovación docente (incluíndo igualdade / xénero / normalización lingüística / calidade na docencia).
- Publicacións relacionadas coa innovación docente (incluíndo igualdade / xénero / normalización lingüística / calidade na docencia).
- Participación en comisións nacionais e internacionais de calidade da docencia.
- Participación en programas de intercambio nacionais e internacionais.
- Actividades de divulgación científica (conferencias, artigos, blogs, libros de divulgación científica).
O procedemento para incluír a información é o seguinte:
- Acceso á Secretaría Virtual no ítem Valoración da Actividade Docente
- Introdución de méritos programa DOCENTIA. Para que se conserven os datos, e antes de saír da sesión, deberase premer na opción “ENVIAR”. Os datos poderanse introducir, modificar ou eliminar mentres a aplicación estea aberta. Unha vez cubertos todos os datos, poderase obter o arquivo en pdf.
Nesta convocatoria avaliaranse os méritos do curso 2017-2018, polo que os méritos deberán estar comprendidos entre o 1 de setembro de 2017 ata o 31 de agosto de 2018.
Nesta aplicación, non haberá que achegar rexistros documentais. A Área de Calidade poderá realizar as comprobacións que considere oportunas e pedirlle ao profesorado copias dos xustificantes dos datos declarados.
Ábrese un prazo de recepción da información dende hoxe día 23 de maio ata o día 28 de xuño de 2019 (data na que automaticamente deixará de ser posible a introdución de datos).
Para calquera dúbida ou incidencia, poderán contactar coa Área de Calidade, vía e-mail (tscalidade2@uvigo.es).
Saúdos cordiais,
Joaquín Collazo Rodríguez
Director da Área de Calidade