Secretaría Uvigo
.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.
VOLUNTARIADO - XIII HappyGoRunning - Cidade universitaria - Area de Benestar, Saúde e Deporte
Información voluntariado
28-04-2019 ata: 28-04-2019Proxecto de voluntariado propio da Universidade de Vigo: Area de Benestar, Saúde e Deporte da Universidade de Vigo: XIII HappyGoRunning - Cidade Universitaria.
Desenvolvemento temporal:
* Preparativos do evento: dende o 01/03/2019
* Desenvolvemento do evento: domingo 28/04/2019
Obxectivo xeral: Colaboración na promoción e o desenvolvemento do evento.
Obxectivo específico: Apoio en tarefas de promoción, loxística, seguridade, información e protocolo.
Destinatarios do programa: Poboación en xeral
Perfil das persoas voluntarias: Membros da comunidade universitaria da Universidade de Vigo en xeral. Sen coñecementos e formación específicas.
Función da persoa voluntaria:
Tipo 1: Actividades relacionadas coa promoción do evento.
Tipo 2:
- Tratamento protocolario do evento.
- Control de inscricións e información aos participantes.
- Montaxe e loxística.
- Seguridade e control.
Actividades que van a desenvolver:
Actividades relacionadas coa promoción do evento:
- Promoción web en redes sociais.
- Promoción no ámbito xeográfico dos campus universitarios.
- Elaboración e difusión de contidos durante a celebración do evento.
Tratamento protocolario do evento:
-Seguimento das persoas participantes premiados, autoridades.
- Organización do acto de entrega de premios.
Control de inscricións e información aos participantes:
- Entrega de dorsais e material para os participantes.
- Información xeral aos asistentes: dependencias, normativa, horarios, etc...
Montaxe e loxística:
- Implementación do circuíto para a carreira.
- Reparto de medios e material.
Seguridade e control:
- Cortes de tráfico.
- Información xeral: zonas de aparcamento, medios de evacuación, condicións do acceso restrinxido, ...
Lugar de realización das actividades: Campus Universitario Lagoas - Marcosende
Tempos de dedicación das persoas voluntarias:
Tipo 1: 25 horas entre o 1 de marzo e o 30 de abril.
- 2 horas de formación específica e presencial na semana de incorporación ao programa.
- 2 horas semanais durante o período.
- De 9:00 a 14:00 o día do evento.
Tipo 2: 10 horas entre o 22 e o 28 de abril
- 2 horas de formación específica e presencial.
- 2 horas de participación en labores organizativas previas.
- De 8:00 a 14:00 o día do evento.
Nº total de persoas voluntarias necesarios: 52 (Tipo 1: 2 // Tipo 2: 50)
Data de inicio/incorporación: Tipo 1: 01/03/2019 // Tipo 2: 22/04/2019
Data de finalización/saída: Tipo 1: 30/04/2019 // Tipo 2: 28/04/2019
Observacións/outros comentarios: Actividade formativa específica para cada un dos 2 tipos de colaboración
Anímate e ponte en contacto con: Javier Rial Boubeta - De 09:00 a 14:00 horas.
Telf: 986814062
email: rial@uvigo.es
Nos seguintes enlaces podes atopar os proxectos /programas de voluntariado nos que tamén podes participar
Escolle un ou varios proxectos, ponte en contacto coa entidade Anímate a participar e debuxarás sorrisos ateigados de agradecemento - Faite voluntaria/o
- Proxectos propios da Universidade de Vigo:
https://www.uvigo.gal/sites/uvigo.gal/files/contents/paragraph-file/2019-02/Proxectos%20propios%20-%20actualizados%20-%20web.pdf
- Proxectos en colaboración con entidades da contorna, participando nas seguintes entidades:
https://www.uvigo.gal/sites/uvigo.gal/files/contents/paragraph-file/2018-11/Proxectos%20con%20entidades%20alleas%20-%20actualizados%20-%20web.pdf
- Proxectos en colaboración con entidades da contorna - Campus de Ourense:
https://www.uvigo.gal/sites/uvigo.gal/files/contents/paragraph-file/2019-02/Campus%20Ourense%20-%20Proxectos%20con%20entidades%20alleas%20-%20web.pdf
- extension@uvigo.gal
- +34 986 813 626