Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Selección de candidaturas para PTA_2018

Información xeral

11-01-2019

No día de onte publicouse nos rexistros da Universidade de Vigo, a Resolución reitoral de 10 de xaneiro de 2019 pola que se publica a convocatoria para a selección de persoas candidatas para a presentación pola Universidade de Vigo dunha solicitude de axuda para a contratación de persoal técnico de apoio á I+D+i na convocatoria 2018 do Programa Estatal de Promoción do Talento e súa Empregabilidade, do Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades.

Esta resolución e o seu procedemento para presentar solicitudes, pode ser consultada no taboleiro de convocatorias da Universidade de Vigo co seguinte código: PTA_INTERNA_2018

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto entre o 11 e o 21 de xaneiro, ámbolos dous incluídos.