Secretaría Uvigo
.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.
VOLUNTARIADO - Actualización da documentación de información en prevención de riscos laborais - Servizo de Prevención de Riscos Laborais
Información voluntariado
07-11-2018 ata: 20-12-2018Proxecto propio de voluntariado na Universidade de Vigo co Servizo de Prevención de Riscos Laborais: Actualización da documentación de información en prevención de riscos laborais
Obxectivo xeral: Manter a información, dirixida á comunidade universitaria, actualizada e adaptada á normativa vixente.
Obxectivo específico:
- Divulgación da prevención de riscos laborais a toda a comunidade universitaria.
- Sensibilización nos temas relacionados coa prevención de riscos.
Destinatarios do programa: Poboación en xeral
Perfil das persoas voluntarias
- Coñecementos informáticos a nivel usuario.
- Persoas con interese en acadar coñecementos en prevención de riscos laborais.
Función do voluntario/a:
- Apoio na actualización de fichas de prevención de riscos laborais.
- Apoio na actualización da información conforme á normativa vixente.
- Colaboración nas campañas informativas.
Actividades que van a desenvolver por posto:
- Modificación das fichas de información en prevención de riscos, dos centros da Universidade.
- Revisión da normativa vixente en prevención de risco laborais e actualización da información conforme a esta normativa.
- Nas campañas de sensibilización: apoio na realización de carteis así como colaboración na organización das mesmas, con presencia nos puntos de información sobre prevención de riscos.
Lugar de realización das actividades: Servizo de Prevención de Riscos da Universidade de Vigo - Facultade de Filoloxía e Tradución
Tempos de dedicación dos voluntarios/as: A escoller polo voluntario/a, dentro do horario no que o servizo permanece aberto. Horario do servizo de 8:00 a 17:00 horas
Anímate e ponte en contacto con: Carmen Álvarez González // Mº José Montero Vilariño - Luns a venres de 09:00 a 16:00 horas.
Telf: 986 813605
email: sprl@uvigo.es
Nos seguintes enlaces podes atopar os proxectos /programas de voluntariado nos que tamén podes participar
Escolle un ou varios proxectos, ponte en contacto coa entidade Anímate a participar e debuxarás sorrisos ateigados de agradecemento - Faite voluntaria/o
- Proxectos propios da Universidade de Vigo:
https://www.uvigo.gal/sites/uvigo.gal/files/contents/paragraph-file/2018-10/Proxectos%20propios%20-%20actualizados%20-%20web_1.pdf
- Proxectos en colaboración con entidades da contorna, participando nas seguintes entidades:
https://www.uvigo.gal/sites/uvigo.gal/files/contents/paragraph-file/2018-10/Proxectos%20con%20entidades%20alleas%20-%20actualizados%20-%20web_1.pdf
- Proxectos en colaboración con entidades da contorna - Campus de Ourense:
https://www.uvigo.gal/sites/uvigo.gal/files/contents/paragraph-file/2018-10/Campus%20Ourense%20-%20Proxectos%20con%20entidades%20alleas%20-%20web_0.pdf
- extension@uvigo.gal
- +34 986 813 626