Secretaría Uvigo
.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.
Proxecto de voluntariado coa entidade de colaboración Asociación Provivienda: Acollida temporal e integración para solicitantes e beneficiarios de protección internacional.
Obxectivo xeral:
- Creación e mantemento dunha rede de vivendas temporais con capacidade para 28 persoas.
- Favorecer a integración de 56 solicitantes e beneficiarios de Protección Internacional.
Destinatarios do programa: Poboación en xeral, persoas solicitantes de Protección Internacional.
Perfil das persoas voluntarias: Non é necesario contar con aptitudes específicas aínda que a labor principal sexa facilitar o coñecemento da lingua.
Función do voluntario/a:
- Participar nas clases de castelán.
- Acompañar en actividades de ocio.
Lugar de realización das actividades: Na mesma entidade (r/ Sanjurjo Badia, 103 - Entresuelo dereita - Vigo).
Tempos de dedicación dos voluntarios/as: As clases ou actividades programadas non superarán as 2 horas diarias.
Anímate e ponte en contacto con: Ana Pardo Fernández - Luns a venres de 10:00 a 13:00 horas.
Telf: 637022271
Nos seguintes enlaces podes atopar os proxectos /programas de voluntariado nos que tamén podes participar
Escolle un ou varios proxectos, ponte en contacto coa entidade Anímate a participar e debuxarás sorrisos ateigados de agradecemento - Faite voluntaria/o
- Proxectos propios da Universidade de Vigo:
https://novo.uvigo.gal/sites/uvigo.gal/files/contents/paragraph-file/2018-03/Proxectos_propios_-_actualizados_-_web.pdf
- Proxectos en colaboración con entidades da contorna, participando nas seguintes entidades:
https://novo.uvigo.gal/sites/uvigo.gal/files/contents/paragraph-file/2018-05/Proxectos%20con%20entidades%20alleas%20-%20actualizados%20-%20web.pdf
- Proxectos en colaboración con entidades da contorna - Campus de Ourense:
https://novo.uvigo.gal/sites/uvigo.gal/files/contents/paragraph-file/2018-03/Campus_Ourense_-_Proxectos_con_entidades_alleas_-_web.pdf
- extension@uvigo.gal
- +34 986 813 626