CONTRATO PREDOUTORAL-Universidade de Vigo
Ofertas de emprego
13-04-2018
hasta: 06-05-2018
CONTRATO PREDOUTORAL-Universidade de Vigo
O grupo S3 (Síntese, Simulación e Spectroscopia) da Universidade de Vigo oferta un contrato predoutoral financiado coa axuda da Xunta de Galicia para grupos de referencia competitiva (GRC), ED431C 2017/70, e co proxecto de MINECO titulado “RECONOCIMIENTO SUPRAMOLECULAR HELICOIDAL: COMPLEJOS HOSTGUEST RIGIDOS Y SISTEMAS MOLECULARES AUTO-ENSAMBLADOS, CTQ2017-85919-R”
Requisitos:
Grao e Mestrado (finalizado ou en proceso de finalización) en Química (expediente académico superior a 7); posuír unha alta motivación para realizar un traballo de investigación que conduza a unha Tese de Doutoramento.
Salario: 1230 euros brutos/mes
Data de inicio: a convir coa persoa seleccionada
Valorarase o expediente académico e a experiencia previa en síntese en Química Orgánica.
O proceso selectivo será resolto por unha Comisión formada por profesores do grupo de investigación. Ás persoas que presenten un perfil adecuado para o contrato, convocaráselles a unha entrevista persoal. No caso de que a avaliación non sexa satisfactoria, a comisión poderá declarar deserto o contrato.
Contacto: María Magdalena Cid (mcid@uvigo.es)
Data límite para presentar solicitudes: 06/05/2018