Secretaría Uvigo
.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.
Seminario Interreg "Unha fronteira que nos une, unha fronteira de desenvolvemento"
Seminarios e conferencias
05-10-2017 ata: 05-10-2017Prezado membro da comunidade universitaria:
A Universidade de Vigo, a través da Vicerreitoría de Economía e Planificación, e en colaboración coa Rede Ibérica de Entidades Transfronteirizas (RIET) promove o vindeiro 5 de outubro de 2017 ás 10:00 h da mañá na sala IV do edificio Miralles (Campus de Vigo), un seminario Interreg de tres horas de duración (gratuíto e de acceso libre) para dar a coñecer os resultados da publicación "Unha fronteira que nos une, unha fronteira de desenvolvemento", un estudo coordinado polo autor Carlos Beltrán (Telefónica).
Este seminario ten como obxectivos principais:
- Presentar a publicación editada en colaboración coa RIET: "Unha fronteira que nos une, unha fronteira de desenvolvemento"
- Dar a coñecer os resultados na execución dos fondos Interreg para programación de investimento europeo de carácter transfronteirizo (2003-2014)
- Debater sobre as tendencias a seguir para a consecución de propostas de axudas con cargo a financiamento europeo de tipo Interreg, e nas súas distintas modalidades.
A información necesaria para formalizar as inscricións (en liña) está dispoñible a partir do seguinte enlace:
Seminario Interreg "Unha fronteira que nos une, unha fronteira de desenvolvemento"
Non dubiden en contactarnos en caso de precisar aclaracións ao respecto.
Un cordial saúdo,
Vicerreitoría de Economía e Planificación
Universidade de Vigo