Secretaría Uvigo
.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.
Curso O modelo flipped classroom na docencia universitaria (Campus de Pontevedra)
Formación de Profesorado
22-06-2017 ata: 07-07-2017Está aberto o prazo de preinscrición do curso O modelo flipped classroom na docencia universitaria.
Realizaremos un percorrido por mais de 100 ferramentas e recursos dispoñibles para ser utilizados, centrándonos nalgunhas delas, que esixirán a creación de contidos didácticos por parte da persoa participante. Tamén reflexionaremos sobre a relación deste modelo con metodoloxías de tipo indutivo.
Parte virtual: do 22 ao 28 de xuño e do 3 ao 7 de xullo.
Parte presencial: 29 e 30 de xuño de 09.30 a 13.30 horas.
Ligazón para preinscribirse: https://bubela.uvigo.es/curso/2999