Código |
Descrición |
A2 |
Que o estudantado saiba aplicar os seus coñecementos ó seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo. |
A3 |
Que o estudantado teña a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética. |
A4 |
Que o estudantado poida transmitir información, ideas, problemas e solución a un público tanto especializado coma non especializado. |
B4 |
Capacidade de comunicación oral e escrita en español, galego e en outras dous linguas do ámbito europeo. |
B9 |
Posuír as habelencias de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando de xeito autónomo baseándose nos coñecementos adquiridos e no uso das novas tecnoloxías. |
C10 |
Coñecemento da norma e o uso discursivo das linguas do grao e capacidade para aplicar de maneira crítica eses coñecementos na actividade profesional. |