O desenvolvemento desta materia apóiase no método
Netzwerk
neu e o seu emprego ten carácter
obrigatorio: véxase a
referencia deste libro na sección de bibliografía desta guía. É responsabilidade
do alumnado obter unha copia impresa ou dixital da devandita referencia para o
bo seguimento do curso.
PRIMEIRA EDICIÓN DE
ACTAS (XANEIRO-MAIO)
A avaliación e
conseguinte cualificación do traballo do alumnado levarase a cabo cun
procedemento de avaliación continua
de acordo coas metodoloxías e porcentaxes descritas máis arriba.
Terase en conta a participación habitual e activa na aula (con
carácter indicativo, en función de asistencia non inferior ao 80% das horas
totais), ademais da entrega dos traballos. A proba escrita realizarase na data
fixada para esta materia no calendario de exames aprobado pola Xunta de FFT
(convén consultar puntualmente a páxina web do centro e ter en conta os posibles
cambios). Para optar a el, é requisito obter polo menos un 5 nas actividades e
traballos realizados na aula e que figuran nesta guía baixo as denominacións de
"clase maxistral", "traballo tutelado" e "exame de
preguntas obxetivas".
O alumnado que non se acolla ao sistema de avaliación continua
debe comunicarlle ó profesorado responsable da materia que se acolle á avaliación única ao comezo do curso, durante
as primeiras dúas semanas de clase.
Este alumnado deberá realizar un exame escrito sobre os contidos
da materia (que inclúe as leccións do método Netzwerk neu), que se realizará na
data oficial fixada no calendario aprobado pola Xunta da FFT (convén
consultar puntualmente a páxina web do centro e ter en conta os posibles
cambios), e máis outro oral sobre os temas do Kursbuch do método Netzwerk neu
noutra data concertada co profesorado. O primeiro cun valor do 50% e o segundo
cun valor do 50% da nota. Así mesmo, para poder presentarse á proba oral é
requisito obter previamente polo menos un 5 na proba escrita.
SEGUNDA EDICIÓN DE
ACTAS (XUÑO-XULLO)
Para o alumnado que
durante o curso se acolleu á avaliación continua, a segunda edición de
actas constará dun exame teórico-práctico escrito dos contidos do curso polo
100% da cualificación, que se realizará na data fixada no calendario de exames
aprobado pola Xunta de FFT (convén consultar puntualmente a páxina web do
centro e teren conta os posibles cambios).
Quen durante o curso
obtivo un resultado positivo pola súa participación activa nas clases, pode
recibir unha mellora da súa nota agora de ata 2 puntos sobre 10, si así o considera o profesorado responsable.
Para o alumnado que
durante o curso se acolleu á
avaliación única este exame ten un valor do
50% da nota. Este alumnado terá que facer tamén unha proba oral polo 50% da
cualificación sobre os temas do Kursbuch do método Netzwerk neu. para superar a
materia. Esta realizarase nunha data concertada co profesorado e para poder
facela é requisito obter previamente polo menos un 5 na proba escrita.
ADEMAIS, en calquera das
convocatorias de exames e independentemente da modalidade, continua ou única,
debe terse en conta tamén o seguinte.
En todas as achegas
evaluables, as notas non deberán ser inferiores a 5 para superar a materia.
O profesorado pode
esixir a realización dunha proba oral complementaria a aquel alumnado que,
segundo o seu criterio razoado, non demostrase suficiente competencia na
materia, porque o profesorado por calquera causa precise confirmar mellor o seu
nivel na materia ou ben en caso de sospeita da autenticidad da autoría de
calquera achega avaliable (traballo de aula, traballos escritos, exames), xa
sexa por copia ou por plagio. O contido estaría orientado a unha ou máis das achegas
evaluables e a nota repercutiría, respectivamente, na porcentaxe establecida
para cada unha delas.