Guia docente 2023_24
Escuela de Ingeniería Industrial
Máster Universitario en Enxeñaría Biomédica
 Materias
  Certificación de productos sanitarios e innovación en tecnoloxía médica
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Lección maxistral Os contidos teóricos serán expostos polo profesor durante as clases complementados a través do debate e interpretación dos mesmos. Estarán coordinados coas actividades prácticas programadas.
Resolución de problemas De forma complementaria á exposición dos contidos teóricos iranse expondo e resolvendo diferentes exercicios de aplicación dos mesmos que os alumnos deberán resolver dun modo comprensivo e xustificado.
Prácticas de laboratorio Desde o punto de vista das prácticas a materia cobre dous grandes bloques de actuación, procedimentalmente distintos pero relacionados a través do seu exemplo de aplicación e obxectivos. Por unha banda estaría o proceso de certificación sanitaria do produto e, por outro, a súa protección industrial. A estes engadirase o estudo e práctica da xestión integral da I+D+i sanitaria. Así pois, as prácticas, unha vez concretado e definido un produto do ámbito biomédico, cubrirán estes bloques do modo que segue:
Certificación do Produto:
En grupos, os alumnos da materia, baixo a titorización e control do profesor, deberán definir e desenvolver o proceso documental necesario para certificar un produto sanitario. Deberase concretar a implementación do sistema de calidade e detallar todos os pasos necesarios para concretar a correcta e completa certificación do produto. Así mesmo, poderase revisar o proceso de xestión integral da investigación, desenvolvemento e innovación no ámbito sanitario.
Protección intelectual e industrial do Produto:
Empregando os mesmos grupos e produto que o bloque anterior, e nas súas mesmas circunstancias, os alumnos da materia deberán documentar o procedemento de protección intelectual e industrial, segundo o caso, describindo e redactando o proceso de protección seguido e analizando en detalle cada unha das súas etapas.
Aínda que o produto sanitario que se empregará como exemplo vehicular deberá ser, preferiblemente, común, de ser preciso, e tras a aceptación e supervisión do profesorado, ambolos dous bloques de prácticas poderían empregar produtos diferentes.
Prácticas con apoio das TIC No desenvolvemento das prácticas da materia os alumnos deberán empregar de forma activa diferentes tecnoloxías da información e a comunicación chegando mesmo a implementar algunha delas.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000