Esta materia está concibida para que o alumno adquira os coñecementos teórico-prácticos relativos á modalidade de tradución audiovisual coñecida como voces superpostas ou voice over. Con este fin, presentaranse y analizaranse as características principais da modalidade e todo o proceso polo que pasa o tradutor, facendo especial fincapé nas convencións que debe utilizar e as principais dificultades ás que se enfronta, relacionadas basicamente co xénero documental e a divulgación científica no medio audiovisual, mais tamén con outros xéneros que tamén apostan por esta modalidade, como son os realities. O alumno ademais deberá ser capaz de defender argumentativamente as traducións que realice.