Guia docente 2014_15
Facultade de Filoloxía e Tradución
Máster Universitario en Tradución Multimedia
 Materias
  Voice-Over e Tradución de Documentais
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Traballos e proxectos O alumno levará a cabo unha encomenda de tradución mediante voice over (individual ou en grupo) que suporá a posta en práctica dos contidos da materia e que consistirá nunha encomenda de traballo simulado ou real, xunto cun informe crítico e apoiado en fontes de autoridade dos problemas xurdidos e das estratexias de resolución aplicadas. 40
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. O alumno realizará distintas actividades, individuais e en grupo, que deberá entregar ao final dos distintos apartados do módulo a través das que demostrará a comprensión, asimilación e posta en práctica dos contidos teóricos da materia. As actividades (ou grupo de actividades) de cada apartado serán de entrega obrigatoria e cada unha suporá un 20% da nota final. 60
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A participación nos foros é obrigatoria e esta matizará a nota final, tanto positiva como negativamente.

En tódolos casos será requisito indispensable para superar a materia acadar unha puntuación mínima de 5 puntos no proxecto final.

Aqueles alumnos que non superen a materia poderán presentarse na convocatoria de xullo (calendario oficial da Uvigo). Deberán entregar un dossier coas respostas a tódalas cuestións propostas no foro e unha serie de actividades breves e  un proxecto extenso distinto ó realizado polos alumnos que seguiron a docencia e superaron o módulo. A data límite para a entrega destas actividades será o 15 de xullo de 2015

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000