Guia docente 2014_15
Facultade de Filoloxía e Tradución
Máster Universitario en Tradución Multimedia
 Materias
  Voice-Over e Tradución de Documentais
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Prácticas autónomas a través de TIC Os contidos teóricos que o alumno deberá asimilar exercitaranse a través de actividades e distintos tipos de exercicios que o alumno realizará individualmente.
Foros de discusión Nos foros de discusión, poñeranse en común e discutiranse as solucións dadas ás prácticas autónomas.
Titoría en grupo As titorías grupais (ou individuais, dependendo de se as entregas obrigatorias da materia fanse individualmente ou en grupo) utilizaranse para despexar dúbidas relativas ás encomendas a través das que se avalía a materia e para revisar as mesmas unha vez entregadas.
Actividades introdutorias A primeira sesión da materia será presencial (aínda que tamén será gravada e colgada na plataforma do posgrao) e dedicarase a explicar con detalle os obxectivos que se pretende acadar, o temario, a forma en que se desenvolverá a docencia e os procedementos de avaliación.
Estudos/actividades previos O alumno contará, na plataforma do posgrao, dunha guía cos principais contidos da materia desenvolvidos, así como dunha bibliografía básica de lectura obrigatoria, que debe asimilar co fin de poder realizar con éxito os exercicios prácticos.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000