Guia docente 2010_11
Facultade de Filoloxía e Tradución
Máster Universitario en Tradución & Paratradución
 Materias
  Metodoloxías da Investigación en Tradución e Interpretación
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2010_11
Materia Metodoloxías da Investigación en Tradución e Interpretación Código V01M047V01101
Titulación
Máster Universitario en Tradución & Paratradución
Descritores Cr.totais Sinale Curso Cuadrimestre
6 OP 1C
Lingua de impartición
Castelán
Francés
Galego
Inglés
Outros
Prerrequisitos
Coordinador/a
Fernandez Ocampo, Anxo
Correo-e ocampo@uvigo.es
Profesorado
Alvarez Lugris, Alberto
Fernandez Ocampo, Anxo
Web http://http://webs.uvigo.es/paratraduccion/index.php?option=com_content&view=article&id=83&Itemid=191&lang=gl
Descrición xeral A materia componse de dous módulos contrastados que representan polos diversos da metodoloxía da investigación.
O primeiro módulo, ITEM, inicia ó emprego de métodos etnográficos de investigación que amplían a gama de obxectos de estudo da tradutoloxía, así como a calidade das súas hipóteses de traballo. Observar para describir prácticas de TI e afondar na experiencia individual e colectiva dos seus axentes significa aprender a identificar novas prácticas e exercitar a sensibilidade do estudantado para traballar dende a realidade cotiá.
O segundo módulo céntrase nunha das metodoloxías empíricas de estudo da tradución e da interpretación que máis se está a desenvolver na actualidade: o uso de corpus textuais de traducións e orixinais para rastrexar, identificar, describir e clasificar distintos fenómenos de tradución. Malia centrarse a exposición en análises de tradución escrita, e concretamente en cuestións relacionadas coa Estilística Comparada, a metodoloxía é aplicable ó estudo doutro tipo de fenómenos, tanto de tradución como de interpretación.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000