Guia docente 2010_11
Facultade de Filoloxía e Tradución
Máster Universitario en Tradución & Paratradución
 Materias
  Metodoloxías da Investigación en Tradución e Interpretación
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Presentación do curso e do programa. 
Tarefas de xestión e administración da conta do alumno en TEMA e noutras aplicacións que se empregarán no curso.
Seminarios Sesións centradas no estudo dun tema concreto nas que o profesor actuará como guía do alumno na súa análise e valoración de diferentes fenómenos tradutivos.
Debates Discusión entre os alumnos ó redor de temas propostos polo profesor. Nos debates o profesor actuará como guía e moderador.
Estudo de casos/análises de situacións Preséntaselle ó alumno unha situación real de tradución que se deberá analizar polo miúdo no seu contexto.
Foros de discusión Discusións de formato libre e sen dirección do profesor ó redor de temas propostos tanto polo profesor como polo alumno.
Titoría en grupo Metodoloxía consistente en sesións presenciais de grupo en que se resolven dúbidas de interese xeral. Para iso, o profesor deberá coñecer as preguntas que individualmente lle fagan chegar os estudantes.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000