Guia docente 2010_11
Facultade de Filoloxía e Tradución
Máster Universitario en Tradución & Paratradución
 Materias
  Metodoloxías da Investigación en Tradución e Interpretación
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Seminarios Correcta aplicación de conceptos e metodoloxías ós casos prácticos propostos. 12.5
Debates Artellar un discurso crítico coherente e razoado ó redor dos temas propostos, empregando os conceptos revisados no seminario. 12.5
Estudo de casos/análises de situacións Análise razoada dos casos propostos: antecedentes, contexto sociohistórico, consecuencias. 12.5
Foros de discusión Artellar un discurso crítico coherente e razoado ó redor dos temas propostos, empregando os conceptos revisados no seminario. 12.5
Traballos e proxectos Este proceso de avaliación corresponde ó módulo 1.
O alumnado deberá realizar un proxecto de investigación etnográfica das prácticas de tradución e interpretación. Non terá que desenvolver o proxecto, mais si elaboralo co maior coidado, de maneira que sexa viable e aplicable.
O proxecto (en adiante miniproxecto) terá un formato reducido. A súa estrutura será a seguinte:
1. Documentación
O apartado de documentación desvela as fontes que servirán para determinar obxectivos e preparar a entrada no campo. Consiste na revisión bibliográfica da literatura especializada nos temas abordados no proxecto, e repaso dos estudos e coñecementos previos. Na bibliografía seleccionada que se presentará no miniproxecto, terá que constar un mínimo de cinco entradas en dúas linguas ou máis.
2. Proposta de investigación e ámbito(s) de estudo
Neste punto redáctanse a perspectiva teórica e ámbito de estudo, os conceptos e tipoloxías utilizados e os obxectivos da investigación. Neste punto cabe a elaboración e redacción dunha proposta de estudo de espazos sociais ou xeográficos, ou de soportes multimodais, como se explica na documentación do curso dispoñible en FAITIC. É largo o abano de obxectos de estudo en que se plasma o vaivén entre o propio e o alleo: rúas, interiores domésticos, centros comerciais, barrios, grupo profesionais ou comunidades sociais, documentos, monumentos etc.
3 Planificación do traballo de campo
O proxecto non só debe ser válido, tamén ten que ser realista e accesible. A planificación constará de varios parágrafos nos que se adiantará:
- A que métodos e técnicas de recollida e análise de datos se recorre (foto-elicitación, historias de vida
entrevista, observación participante etc.)?
- Como se rexistran os datos (mediante croquis, gravadora, anotacións, filmacións, fotografía...)?
- Como se desenvolve a entrada, permanencia e saída no campo? Hai que obter permisos? A que aliados se
lles pide colaboración?
- Cal é a duración prevista da investigación? Como me manteño durante ese tempo?
- Que medios materiais son necesarios?

A actividade está suxeita a dous prazos:
Un primeiro prazo para validar a proposta do miniproxecto co profesor do módulo. Esta fase é fundamental para determinar a natureza tradutiva/interpretativa do obxecto de estudo proposto.
Un segundo prazo para a redacción e entrega do miniproxecto.

Extensión do miniproxecto: mínimo de 900 palabras e máximo de 1.500 palabras, sen incluír bibliografía nin anexos.
50
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
A avaliación do Módulo 1 concirne a metodoloxía de Traballos e proxectos. Representa o 50 % da nota final.

A avaliación do Módulo 2 concirne as metodoloxías de Seminarios, Debates, Estudo de casos/análises de situacións e Foros de discusión.. Representa o 50 % da nota final.

Para superar a materia é preciso aprobar tanto o módulo 1 como o módulo 2. A nota final farase coa media das dúas notas aprobadas dos dous módulos. En caso de suspenso dun dos módulos, a nota do módulo aprobado gardarase ata a convocatoria de xullo de 2011 e fará media coa nota do outro módulo, se resulta aprobado.
 
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000