Guia docente 2021_22
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución especializada idioma 2: Científica-técnica: Alemán-Español
   Contidos
Tema Subtema
Fundamentos da tradución técnico-científica (entre alemán e español) Concepto e división da Matemática, das Ciencias Naturais e da Técnica. Lingua xeral e linguas especializadas técnico-científicas. Tipoloxía dos textos técnico-científicos. Tipoloxía da tradución técnico-científica. Modificacións substanciais na tradución comunicativa de textos técnico-científicos e tratamento tradutivo das discordancias interculturais. Ferramentas de traballo e documentación do tradutor.
Análise contrastiva e tradutiva dos caracteres esenciais dos textos técnico-científicos alemáns Constitución das unidades lexicais de especialidade. Sintagmas nominais complexos. Alcance e restritividade da modificación nominal. Verbos modais. Aspectos da cohesión textual.
Tipo textual dos xéneros compilatorios Características do xénero textual '(artigo de) enciclopedia' en alemán e en español. Problemas e estratexias de tradución.
Tipo textual dos xéneros didáctico-instrutivos Características dos xéneros textuais 'manual de instrucións de utilización de produto da técnica', 'bula de medicamento', 'artigo de divulgación técnico-científica' e 'libro de texto técnico-científico' en alemán e en español. Problemas e estratexias de tradución.
Tipo textual dos xéneros orientados para o avanzo do coñecemento Características do xénero textual 'artigo de revista especializada' en alemán e en español. Problemas e estratexias de tradución.
Tipo textual dos xéneros xurídico-normativos Características do xénero textual 'patente de invención' en alemán e en español. Problemas e estratexias de tradución.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000