Guia docente 2023_24
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución especializada idioma 2: Científica-técnica: Alemán-Español
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Estudo de casos Realización de modo autónomo e individual de dúas encomendas de tradución (35% cada unha delas), concibidas para reproducir as condicións da práctica profisional. 70 A1
A2
A3
A4
A5
C2
C3
C4
C5
C8
C14
C17
C18
C21
C22
C27
C33
D2
D5
D6
D7
D8
D9
D14
D18
Traballo tutelado Elaboración en equipa e exposición pública dun traballo consistente na tradución comentada dun folleto de divulgación técnico-científica. 30 A1
A2
A3
A4
A5
C2
C3
C4
C5
C8
C14
C17
C18
C21
C22
C27
C32
C33
D2
D5
D6
D7
D8
D9
D10
D12
D14
D18
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A presente disciplina pode cursarse, na primeira chamada anual, en rexime de avaliación continua (en que se valorizará fundamentalmente a adquisición decompetencia tradutiva e a participación regular e activa nas aulas) ou de avaliación final (exame oficial). No entanto, na chamada de xuño/xullo só é posíbel o rexime de avaliación final.

Na primeira chamada, enténdese que un aluno opta polo rexime de avaliación continua (o máis recomendábel nesta disciplina) cando realiza algunha das actividades da avaliación continua (encomendas de tradución individuais, traballo en equipa). Para superar a avaliación continua, o alumno deberá obter o aprobado na media aritmética ponderada das clasificacións nas dúas encomendas de tradución individuais (cada unha, 35 % da clasificación global) e no traballo en equipa (30 %); non obstante, no caso de a media aritmética das clasificacións nas dúas encomendas individuais de tradución ser inferior a 4,9 pontos, a clasificación global coincidirá con esa media aritmética de duas clasificacións. Os alumnos que nonsuperaren a avaliación continua mediante as actividades referidas deberán realizar o exame oficial da chamada de xuño/xullo (de cuxa parte teórica ficarán isentos no caso de teren apresentado, no correspondente ano lectivo, un traballo en equipa con clasificación da sección do comentario tradutivo de 5,0 pontos ou superior) ou acollérense aos reximes de avaliación de sucesivas chamadas. (A primeira encomenda de tradución individual será lanzada durante a segunda semana lectiva de abril, a segunda encomenda de tradución individual será lanzada na primeira semana lectiva de maio e o traballo em equipa será exposto e entregado na terceira semana de maio).

O exame oficial da disciplina (chamadas de maio [data, hora e lugar estabelecidos polo Decanato] e de xuño/xullo [data, hora e lugar estabelecidos polo Decanato]) consta dunha parte práctica e --se o alumno non estiver isento por ter apresentado no mesmo ano letivo traballo en equipa cunha sección de comentario tradutivo satisfactoria (v. supra )-- dunha parte teórica a redixir en español (25 % da clasificación global); a parte práctica do exame, para cuxa realización o alumno deberá comparecer provido dalgún dicionario impreso de alemán (bilingue), consiste en dúas traducións para español de textos técnico-científicos redixidos en alemán, unha breve e presencial, realizada sen auxilio de computador (60 % da clasificación da parte práctica), e outra extensa e non presencial (40 % da clasificación da parte práctica).

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000