Guia docente 2021_22
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución especializada idioma 2: Científica-técnica: Alemán-Español
   Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias
Aprofundar o coñecemento das dúas linguas de traballo, alemán (Idioma II) e español (Língua A), sobre todo nos níveis lexical, morfosintáctico e textual. Adquirir nocións sobre a comunicación especializada, as súas esferas funcionais e os seus rexistos, e, nomeadamente, sobre os textos técnico-científicos e a súa relevancia para a tradución alemán-español. Coñecer os aspectos contrastivos e tradutivos que din respecto aos xéneros textuais e ás discordancias interculturais na tradución dos textos técnico-científicos. CB1
CB2
CB3
CB4
CB5
CE3
CE4
CE9
CT2
CT5
CT22
Ser capaz de discriminar, a partir da análise dos correspondentes caracteres textuais, entre textos técnico-científicos e textos alleos ao campo técnico- científico; ser capaz de adscribir, a partir da análise das súas características, calquera texto técnico-científico composto en alemán ou en español a un determinado (sub)xénero textual e a un determinado tipo textual. CB1
CB2
CB3
CB4
CB5
CE3
CE4
CE18
CE27
CE33
CT2
CT9
CT22
Serse capaz de recoñecer no texto de partida técnico-científico composto en alemán, e en relación á lingua e á comunidade sociocultural de chegada (españolas), as estruturas lexicais e morfosintácticas e os trazos textuais e culturais que, no cadro da correspondente tradución instrumental, se revelarán críticos ou problemáticos. CB1
CB2
CB3
CB4
CB5
CE2
CE3
CE4
CE17
CE18
CE27
CT10
CT22
Serse capaz, autónoma e eficazmente, de detectar e analisar problemas tradutivos e de aplicar as pertinentes estratexias tradutivas no cadro da tradución instrumental (ecuifuncional ou heterofuncional) entre alemán e español de textos técnico-científicos pertencentes aos xéneros «artigo de enciclopedia», «manual de instrucións de utilización de produto da técnica», «bula de medicamento», «artigo de divulgación», «libro de texto», «artigo de revista especializada» e «patente de invención». CB1
CB2
CB3
CB4
CB5
CE3
CE4
CE17
CE18
CE22
CE26
CE27
CT1
CT7
CT9
CT12
CT14
CT18
Serse capaz de utilizar con proveito as diversas fontes de información e ferramentas de traballo de que hoxe dispón o tradutor profisional, tanto as tradicionais como as encadradas nas TIC. CB1
CB2
CB3
CB4
CB5
CE5
CE8
CE14
CE22
CE27
CT5
CT6
CT9
Fomentar a curiosidade intelectual e o espírito crítico en relación ao uso das linguas, ben como desenvolver un concepto profisional da actividade tradutiva, conforme o cal o tradutor axe como mediador cultural orientado por principios deontolóxicos e de calidade. CB1
CB2
CB3
CB4
CB5
CE4
CE9
CE21
CE32
CT8
CT9
CT12
CT14
CT18
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000