Guia docente 2021_22
Facultad de Filología y Traducción
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Interpretación simultánea avanzada idioma 1: Inglés-Español
   Plan de Continxencias
 
Descrición
Plan de continxencias sobre a modalidade non presencial: mantéñense as metodoloxías, contidos, avaliación e titorías previstas no sistema presencial, coa salvedade de que se desenvolverán coas ferramentas proporcionadas pola Universidade de Vigo (aulas e despachos virtuais, correo electrónico e Moovi).

Plan de continxencia sobre a modalidade mixta (unha parte do estudantado asistirá ás aulas de forma presencial e outra parte seguirá as clases dun modo síncrono (preferentemente) ou asíncrono): mantéñense as metodoloxías, a atención personalizada e os sistemas de avaliación como se indica para a modalidade presencial, adaptando os grupos de estudantes e as quendas para cumprir coa normativa sanitaria que se estableza no seu momento.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000