|
Os materiais de lectura obrigatoria anunciaranse a través da plataforma de teledocencia MooVi na primeira semana de clase. Na convocatoria de maio existirán dúas posibilidades de avaliación, a continua e a única. Avaliación continua: As probas para a avaliación continua serán as indicadas no apartado Avaliación desta guía, nas porcentaxes expresadas. A materia terá dúas partes vinculadas pero diferenciadas (teoría e tradución) e será obrigatorio que o estudantado aprobe as dúas para superar a materia. Dentro da parte de tradución, haberá avaliación individual e en grupo. O estudantado que supere a tradución en grupo pero non a tradución individual deberán recuperar en xuño a parte de tradución individual. As probas de resolución de problemas e exercicios corresponderanse coa parte teórica da materia, que incluirá a lectura obrigatoria de varios textos sobre economía e tradución ou dun libro de lectura obrigatoria ao longo do curso. Estas lecturas poranse a disposición do estudantado na plataforma de teledocencia. Para a resolución das probas da parte teórica non se permitirá o emprego de materiais. Todas as actividades da parte teórica da materia serán de carácter obrigatorio, polo que, de non se faceren durante o curso, terán que realizarse na convocatoria de xuño. Na parte de tradución faranse probas de tipo probas prácticas e traballos e proxectos. Nas probas prácticas só se permitirá o uso de materiais controlados, que se comunicarán na clase. Todas as actividades avaliables da parte práctica da materia serán de carácter obrigatorio. É responsabilidade do estudantado consultar os materiais e as novidades a través da plataforma MooVi e de estar ao tanto das datas nas que teñan lugar as probas de avaliación. Avaliación única: O estudantado que así o desexe poderá optar por comprimir as probas durante o período oficial de exames marcado polo decanato. No entanto, as probas realizadas serán as mesmas que as que se inclúen na avaliación continua (tradución directa e inversa, proba teórica e proba de lectura dos materiais obrigatorios, e proxecto de documentación e tradución, neste caso individual e non tutelado). As porcentaxes neste caso serán as seguintes: - Proba de tradución directa e inversa: 50 % (25 % cada unha)
- Traballo de documentación e tradución: 25 %
- Teoría e lecturas obrigatorias: 25 %
As probas realizaranse na data oficial fixada polo decanato, agás o traballo non tutelado, cuxa formulación se porá á disposición do estudantado en MooVi na mesma data que a do estudantado de avaliación continua e que deberá ser entregado, como moi tarde, unha semana antes do peche de actas. Será obrigatorio que o estudantado supere as tres partes para aprobar a materia e non se gardarán as partes aprobadas para o curso seguinte. Para as respostas ás preguntas da proba de teoría poderá empregarse calquera das dúas linguas da combinación lingüística da materia e ningún material. Non se permitirá o uso de medios telemáticos para as traducións nin medios de ningún tipo para a parte teórica. Na convocatoria de xuño, a avaliación consistirá nas mesmas probas que na avaliación única e as porcentaxes e condicións serán tamén as mesmas. É responsabilidade do estudantado consultar os materiais e as novidades a través da plataforma MooVi e de estar ao tanto das datas nas que teñan lugar as probas de avaliación. A calidade dos traballos de tradución avaliarase de acordo co seguinte baremo: Contrasentido: -2 puntos Falso sentido: -1 punto Falso sentido leve: -0,5 puntos Omisión grave: -0,5 puntos Omisión leve: -0,25 puntos Ortografía: -0,5 puntos Gramática: -0,5 puntos Terminoloxía especializada: -0,5 puntos Calco estrutural: -0,5 puntos Calco léxico: -0,5 puntos Imprecisión: -0,25 puntos Rexistro inapropiado: -0,25 puntos
En calquera das probas, traballos ou exercicios, independentemente da convocatoria e do sistema de avaliación elixido, obterán a cualificación de 0 aqueles alumnos que: - Cometan máis de dúas faltas de ortografía.
- Cometan máis de dous erros gramaticais.
- Cometan un contrasentido grave ou dous falsos sentidos graves
- Incorran en plaxio total ou parcialmente. Alegar descoñecemento de que é un plaxio non eximirá o alumno da súa responsabilidade neste aspecto.
|