| Actividades introdutorias |
Neste apartado, o docente presentará a programación, explicando polo miúdo os contidos, os traballos que hai que realizar e comentará tamén as lecturas obrigatorias do curso, así como o sistema de avaliación. O alumnado deberá familiarizarse cos recursos bibliográficos dispoñibles na biblioteca. |
| Resolución de problemas |
Neste apartado realizaranse análises de texto, resumos e esquemas, exercicios de tradución con textos adaptados ao nivel do alumnado de Idioma II, así como a resolución de problemas propios dese nivel (dificultades de tradución) ou exercicios aplicados á teoría achegada durante as sesións maxistrais. |
| Lección maxistral |
Inclúe a explicación por parte do docente dos contidos teóricos da materia. |
| Foros de discusión |
A partir da lectura dalgún artigo ou da participación nun evento científico, o alumnado deberá compartillar as súas impresións e conclusións razoadas no foro de discusión de Moovi. |
| Presentación |
Cada alumna e cada alumno deberá presentar perante o grupo ou nunha titoría personalizada como
mínimo unha tradución e xustificar as decisións tomadas. |