|
Observacións xerais: - Os criterios de corrección estarán claramente definidos nun documento en Moovi. - Penalizarase o uso de tradutores automáticos e intelixencias artificiais sen o consentimento expreso do docente. - Débense seguir as instrucións de presentación indicadas (nome de arquivo, formato de entrega, etc.). - Nas tres primeiras semanas de docencia, cada estudante deberá
comunicar á docente por medio dun inquérito en Moovi creado para este efecto se opta polol sistema de avaliación única ou continua. En
caso de non o comunicar, entenderase que opta pola avaliación única.
Optar pola avaliación continua implica a renuncia á avaliación
única. Se por causa de forza maior (traballo, doenza...) o/a
estudante non puidese seguir o sistema de avaliación continua a pesar
de ter escollido esta opción, poderá acollerse á avaliación única sempre que
puider xustificalo. En caso de avaliación continua, para superar a
materia é obrigatorio aprobar o exame e a encomenda. - Considérase que o guía docente da materia ten un carácter
orientativo, pois a heteroxeneidade dos cursos e, dentro destes, a
variedade en coñecementos, habilidades e destrezas aconsellan
flexibilidade co fin de alcanzar da mellor maneira posíbel os
obxectivos. Así pois, en función das circunstancias, o programa da
materia pode sufrir ou experimentar mudanzas en calquera momento, que se
comunicarán oportunamente. |