Guia docente 2019_20
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución idioma 2, II: Francés-Galego
   Avaliación
  Descrición Cualificación Competencias Avaliadas
Lección maxistral
A avaliación das sesións maxistrais permitirá coñecer a competencia acadada polo alumnado no referente aos conceptos teóricos da materia. Poderase avaliar o alumnado, ben mediante un exame final que se entregará coa encomenda final (para os non asistentes), ben mediante a encomenda de resumos ou crítica de artigos que se anunciarán ao principio e/ou final de cada actividade docente ou exercicio para resolver problemas de tradución (asistentes).
10
CB1
CB2
CB3
CB4
CE3
CE13
Resolución de problemas de forma autónoma O alumnado recibirá unha encomenda para traducir de maneira autónoma na aula e en tempo controlado o penúltimo día do 1º cuadrimestre. Esa tradución será entregada e revisada na aula o último día como preparación para o 2º exame que se realizará na aula.
Poderase usar documentación en papel e telemática
10
CB1
CB2
CB3
CB4
CE3
CE4
CE13
CE22
CT22
Traballo tutelado Estes traballos consistirán en traducións previamente preparadas que se corrixirán na aula. Para efectos de avaliación terase en conta a participación activa na aula e será obrigatoria a entrega de TODAS as traducións revisadas con control de cambios. Entregaranse revisadas en formato papel e na plataforma FAITIC debidamente identificadas para a súa corrección e avaliación definitiva: APELIDOS+NOME+NOME DO DOCUMENTO. 35
CB1
CB2
CB3
CB4
CE3
CE4
CE13
CE22
CT4
CT8
CT22
Resolución de problemas e/ou exercicios Para avaliar a lectura da obra obrigatoria, realizarase unha PROBA ORAL na aula o último día de clase do 1º cuadrimestre. 10
CB1
CE4
CE13
CT12
Práctica de laboratorio Realizarase na aula 1 proba en tempo limitado (2 h) que consistirá nunha tradución con comentario para comprobación das competencias adquiridas ao longo do cuatrimestre.

Ver data oficial na páxina web da FFT (periodo de exames)

Poderase usar documentación en papel e telemática.
35
CB1
CB2
CB3
CB4
CE3
CE4
CE13
CE22
CT4
CT8
CT22
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O plaxio será motivo de suspenso. Non se admiten máis de 2 falsos sentidos. Non se admiten máis de 2 faltas graves de gramática ou ortografía.

Será necesario aprobar cada unha das subpartes descritas no apartado de AVALIACIÓN (mínimo 5/10) para realizar media de conxunto.

O alumnado deberá entregar os exercicios e traducións na plataforma FAITIC nos prazos marcados pola profesora.  O alumnado que non respecte os prazos será avaliado (en avaliación única) mediante as probas que se describen máis abaixo.

O alumnado que se acolla á avaliación continua e obteña unha cualificación de suspenso deberá presentarse á segunda edición de actas (xullo-data oficial publicada na web da FFT). 

Especifícanse a continuación as condicións:

A. 1ª EDICIÓN DE ACTAS (AVALIACIÓN ÚNICA)

1. Proba oral sobre as lecturas e artigos do curso ( 25% da nota) que se realizará o mesmo día da proba con tempo limitado. Ver data oficial publicada na web da FFT

2. Tradución na aula con tempo limitado (2 h): 50% (tradución)+ 25% (comentario). Poderase usar documentación en papel e telemática. Ver data oficial publicada na web da FFT

B. 2ª EDICIÓN DE ACTAS (XULLO)

1. Proba oral sobre as lecturas e artigos do curso (25% da nota) que se fixará o día da proba con tempo limitado na aula. Ver data oficial publicada na web da FFT

2. 1 tradución comentada na aula con tempo limitado (2 h): 50% (tradución)+ 25% (comentario). Poderase usar documentación en papel e telemática. Ver data oficial publicada na web da FFT

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000