Guia docente 2022_23
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución idioma 2, II: Francés-Galego
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Presentación da programación, explicando polo miúdo os contidos, os traballos que hai que realizar e as lecturas obrigatorias do curso, así como o sistema de avaliación.
Lección maxistral Exposición por parte da docente dos contidos sobre a materia obxecto de estudo, bases teóricas e/ou directrices dun traballo, exercicio ou proxecto que deberá desenvolver o estudantado.
Seminario Para contribuír a enriquecer a formación teórico metodolóxica, o alumnado deberá indagar sobre un tema determinado relacionado coa tradución ou/e a tradutoloxía e expoñer os resultados diante do resto dos/das compañeiros/as. Con estas actividades preténdese facilitar a organización dos procesos de coñecemento de modo dinámico, mediante estratexias de participación e traballo en equipo. Trátase dunha actividade que se centra na docencia-aprendizaxe.
Resolución de problemas O alumnado realizará individualmente e fóra da aula encomendas de tradución que reproducen situacións reais da actividade profesional.
Deberá realizar lecturas para preparar os comentarios que xustifiquen as propostas de tradución e a resolución de problemas.
Trátase, polo tanto, de amosar que se saben aplicar os coñecementos e habilidades adquiridos durante os traballos de aula e a teoría achegada.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000