Guia docente 2024_25
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución idioma 2, II: Francés-Galego
   Resultados previstos na materia
Resultados previstos na materia Resultados de Formación e Aprendizaxe
COMPETENCIA COMUNICATIVA E CULTURAL: comprender textos redactados na lingua de partida (en francés). A2
A3
A4
C3
C4
C13
D4
D6
D8
D22
COMPETENCIA LINGÜÍSTICA: ter un bo dominio das dúas linguas de traballo (francés-galego) tanto a nivel sintáctico, gramatical, morfolóxico, lexicolóxico, terminolóxico e fraseolóxico. SUBCOMPETENCIAS: coñecer tanto as diferenzas como as similitudes dos dous sistemas lingüísticos. A1
A2
A3
A4
C3
C4
C13
D6
D8
D22
COMPETENCIA TEXTUAL: afondar na estrutura e os principios organizadores dun texto. SUBCOMPETENCIAS: mellorar o coñecemento de diferentes tipos de textos e as súas características para traballar as competencias propias a cada fase do proceso de tradución. A1
A2
A4
C3
C13
D6
D12
D22
COMPETENCIA TRADUTORA: afianzar as diferentes competencias adquiridas en Trad. Idioma 2,I necesarias para traducir textos de diferente temática e carcaterísticas en francés. SUBCOMPETENCIAS: analizar os diferentes textos con vistas á súa tradución. Afianzar as técnicas e estratexias de tradución. Aprender a detectar os problemas de tradución e reflexionar sobre as distintas técnicas e estratexias de tradución que permiten resolvelos. Traducir textos non especializados. Mellorar o traballo con textos paralelos. Mellorar o manexo das ferramentas básicas de tradución (procesadores de texto, Internet: dicionarios en liña...). Comprender o papel do tradutor como mediador intercultural. Revisar as normas de revisión, corrección e presentación de traducións. Afondar no coñecemento do mercado laboral. Mellorar as habilidades de traballo en equipo e adquirir un compromiso ético e deontolóxico. A1
A2
A3
A4
A5
C3
C4
C22
D4
D8
D22
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000