Educational guide 2020_21
Centro Universitario da Defensa na Escola Naval Militar de Marín (Pontevedra)
Grao en Enxeñaría Mecánica
 Materias
  Empresa: Introdución á xestión empresarial
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2020_21
Materia Empresa: Introdución á xestión empresarial Código P52G381V01105
Titulación
Grao en Enxeñaría Mecánica
Descritores Cr.totais Sinale Curso Cuadrimestre
6 FB 1 2c
Lingua de impartición
Castelán
Prerrequisitos
Departamento Departamento do Centro Universitario da Defensa da Escola Naval Militar de Marín
Coordinador/a
Puente Luna, Iván
Correo-e ipuente@cud.uvigo.es
Profesorado
Arce Fariña, María Elena
Puente Luna, Iván
Web http://faitic.uvigo.es
Descrición xeral Esta materia enmárcase dentro do módulo de Formación Básica e nela preténdese dar aos alumnos unha visión global das empresas, adquirindo unha serie de coñecementos que lle aproximen á realidade empresarial para a súa aplicación práctica.

Preténdese que os alumnos sexan capaces de elixir a forma xurídica máis adecuada ás necesidades dun proxecto empresarial, analizando a contorna da actividade e que así sexan capaces de deseñar a estrutura organizativa máis adecuada para a consecución dos obxectivos a través da xestión das persoas que a integran, tomando decisións acordes co nivel de información dispoñible.

Así mesmo, preténdese que poidan elixir o financiamento máis conveniente e utilizar técnicas de produción e mercadotecnia.

Búscase alcanzar estes obxectivos para proseguir e abordar a formación noutras materias de cursos posteriores e para poder exercer as capacidades desenvolvidas coa aprendizaxe da materia e, de forma específica, búscase que o enxeñeiro e Oficial da Armada coñeza os ámbitos xurídico-económicos para desempeñar correctamente os seus labores como administrador de fondos públicos.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000