Educational guide 2020_21
Centro Universitario da Defensa na Escola Naval Militar de Marín (Pontevedra)
Grao en Enxeñaría Mecánica
 Materias
  Empresa: Introdución á xestión empresarial
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Lección maxistral Nestas sesións búscase presentar, detalladamente, os fundamentos básicos do contido dos temas programados, que proporcionen ao alumno os coñecementos necesarios para avanzar na súa aprendizaxe. Desenvolveranse tanto nas clases de Teoría como ao comezo das clases prácticas (pois será necesario desenvolver pequenas sesións maxistrais que introduzan conceptos e trasladen o que se pretende do traballo que a continuación han de desenvolver os alumnos).
Estudo de casos Dentro das clases de aula, unha das súas dúas metodoloxías docentes (ademais das clases maxistrais) serán as sesións participativas. Nelas, de modo complementario e para reforzar conceptos, realízase, en certas situacións puntuais detectadas como adecuadas, un diagnóstico de situacións reais (estudo de caso) desde o punto de vista empresarial. Para iso analízanse noticias de actualidade de medios de comunicación especializados (en forma de artigos e vídeos), pretendendo xerar un clima participativo, reflexivo e de debate por parte dos alumnos na aula, o cal achega ao profesor información relativa acerca da comprensión de coñecementos. En función da metodoloxía anterior, os alumnos aprecian a aplicación directa e inmediata dos contidos da materia e indúcese o interese pola materia.
Por outra banda, o desenvolvemento dos seminarios da materia enfocarase, xa de modo exclusivo, á análise de comentarios de texto e estudo de casos que aborden contidos da materia que se consideren enriquecedores para o alumno, así como profundar en noticias de actualidade. Evidentemente, búscase, de modo primordial, a participación do alumno mediante a xeración de foros de discusión e debate, así como a súa achega de ideas e demostración de coñecementos adquiridos nas clases teóricas.
Prácticas de laboratorio As prácticas de laboratorio consistirán na resolución de problemas (dirixidos a afianzar os conceptos teóricos abordados nas sesións na aula) contando co apoio directo tutelado e personalizado (traballos de aula) en todo momento polo profesor, para a resolución de dúbidas e achega de consellos derivados da súa experiencia empresarial real. Proporase, na maioría das prácticas, a súa realización en grupo (preferiblemente de dous alumnos) para estimular a colaboración e o enfoque dos diferentes temas sendo máis enriquecedor para o alumno, tentando que o traballo sexa unha acción conxunta dos membros e non individual. Por outra banda, en función da temática da práctica, os alumnos han de presentar en grupo o traballo realizado durante a mesma (presentacións); estas presentacións serán observadas polos demais grupos, xerándose clima de aprendizaxe continua, obxectivo das clases prácticas.
A práctica 6 supón, como se indica posteriormente, un caso especial (traballo tutelado); pois, realizada por grupos, na súa presentación han de intervir todos os integrantes de cada un deles e os profesores avaliarán individualmente o traballo, participación e alcance de coñecementos de cada alumno na sesión de defensa (mediante unha rúbrica deseñada para tal fin).
Seminario O desenvolvemento dos seminarios da materia enfocarase, xa de modo exclusivo, á análise de comentarios de texto e estudo de casos que aborden contidos da materia que se consideren enriquecedores para o alumno, así como profundar en noticias de actualidade. Evidentemente, búscase, de modo primordial, a participación do alumno mediante a xeración de foros de discusión e debate, así como a súa achega de ideas e demostración de coñecementos adquiridos nas clases teóricas. Inclúese neste apartado o Curso intensivo de 15 horas para aqueles alumnos que suspenderon a materia en primeira convocatoria, previo ao exame en segunda convocatoria, ademais de tutorías grupales co profesor.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000