Educational guide 2020_21
Centro Universitario da Defensa na Escola Naval Militar de Marín (Pontevedra)
Grao en Enxeñaría Mecánica
 Materias
  Empresa: Introdución á xestión empresarial
   Plan de Continxencias
 
Descrición
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece una planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.

A continuación, recóllense os apartados desta guía docente que sufrirán modificacións no caso de ter que abordarse o ensino virtual:

a) Sección 8 (METODOLOXÍA DOCENTE)
Engádense dúas novas metodoloxías de ensino:

8.4. Sesión maxistral e / ou sesión práctica virtual sincrónica
Impártese a través dunha plataforma de videoconferencia web. Cada sala contén varios paneis de exposición e compoñentes, cuxo deseño pódese personalizar para adaptarse mellor ás necesidades da clase. Na aula virtual, os profesores (e os participantes autorizados) poden compartir a pantalla ou ficheiros no seu equipo, empregar unha pizarra, chat, transmisión de audio e vídeo ou participar en actividades interactivas en liña (enquisas, preguntas, etc.).

8.5 Foros de discusión
Actividades desenvolvidas nun ambiente virtual para resolver dúbidas e / ou debatir sobre cuestións que xorden durante o estudo da materia.

b) Sección 10 (AVALIACIÓN DO APRENDIZAXE)
As probas de avaliación realizaranse mediante plataformas de teledocencia.

Notas:
- No caso de impartirse na modalidade non presencial, a actividade docente impartirase combinando a plataforma FAITIC - Moodle de ensino a distancia e o Campus Remoto da Universidade de Vigo, para garantir a accesibilidade dos estudantes aos contidos docentes.
- Non procede a modificación dos CONTIDOS a impartir.




Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000