Guia docente 2014_15
Facultade de Ciencias da Educación
Grao en Educación Social
 Materias
  Educación: Pedagoxía social
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2014_15
Materia Educación: Pedagoxía social Código O05G130V01205
Titulación
Grao en Educación Social
Descritores Cr.totais Sinale Curso Cuadrimestre
6 FB 1 2c
Lingua de impartición
Galego
Prerrequisitos
Departamento Análise e intervención psicosocioeducativa
Coordinador/a
Nogueiras Mascareñas, Luís Miguel
Correo-e miguel.mascarenhas@edu.xunta.es
Profesorado
Nogueiras Mascareñas, Luís Miguel
Web
Descrición xeral Consideramos esta materia como imprescindible no plan de estudos do Grao de Educación Social. A Pedagoxía Social no marco do plan de estudos desta titulación achega aos estudantes ao coñecemento da realidade educativa e dos procesos de intervención socioeducativa. Neste sentido, proporciona elementos para comprender a interrelación entre os diferentes campos de intervención na realidade social e as implicacións educativas da problemática social. A materia “Educación. Pedagoxía Social" figura como materia troncal no novo Plan de estudos da titulación de Grao en Educación Social da Universidade de Vigo. A incorporación da perspectiva pedagóxica á acción social e a acción-intervención socioeducativa dos educadores sociais comeza a xeneralizarse xa a partires da última década do século pasado como consecuencia da extensión cualitativa dos fenómenos educativos. Neste sentido, a educación deixa de ser competencia exclusiva do sistema escolar formal para situarse na perspectiva da sociedade educadora (Husèn,1982), donde acadan gran relevancia e notoriedade outros sistemas educativos (non formal e informal) que irrumpen con gran forza no sistema educativo formal, o reforzan e complementan (Coombs e Ahmed, 1974).
O seu obxectivo é a promoción do desenvolvemento humano e da calidade de vida dos nenos e nenas, xoves e doutros colectivos en situación de risco ou problemática social;
posibilitando a súa integración (ou reinserción) plena na sociedade. Así pois, a materia “Educación. Pedagoxía Social" adecúase por completo ao perfil profesional e académico da titulación; pretendendo non só introducir os conceptos básicos da asignatura senón achegar ao alumnado aos principais ámbitos de intervención socioeducativa.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000