Guia docente 2014_15
Facultade de Ciencias da Educación
Grao en Educación Social
 Materias
  Educación: Pedagoxía social
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Traballos de aula As experiencias, proxectos, tarefas e traballos realizados durante o proceso de formación na aula. 10
Traballos tutelados Os/as estudantes presentan o resultado obtido na elaboración dun documento sobre a temática da materia e/ou investigación.
Levarase a cabo en grupo, de forma escrita.
Ademais, tamén se valorará a exposición que se faga do traballo na aula.
20
Obradoiros Elaboración dun documento (memoria) por parte do/a alumno/a no que se reflicten as características do traballo levado a cabo. Os/as alumnos/as deben describir as tarefas e procedementos desenvolvidos, mostrar os resultados obtidos ou observacións realizadas, así como a súa valoración persoal. Valorarase conxuntamente coa súa participación nos mesmos e nas saídas de campo. 20
Probas de tipo test Realizarase unha proba para a avaliación das competencias adquiridas que inclúe preguntas pechadas con tres alternativas de resposta. Os/as alumnos/as seleccionarán unha resposta entre as posibilidades. As respostas erradas puntuarán negativamente (2 mal restarán 1 ben). 50
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Para superar a materia é necesario ter superarado o exame de final do cuadrimestre.  


De non ter superado a materia as competencias non adquiridas serán avaliadas de novo na convocatoria de xullo.


Alumnado non presencial: deberá falar co profesor ao principio do curso, para acordar un plan de traballo específico. Segundo a normativa vixente, e con independencia da súa asistencia ou non ás clases, o alumnado gozará de condicións equivalentes de avaliación.


Segunda convocatoria: o alumnado que aprobe algunhas das partes ou probas da materia, conservaráselle a cualificación ata a segunda convocatoria (xullo). As probas non aprobadas serán avaliadadas na mesma convocatoria.


Calendario de exames:


Primeira convocatoria: 14 de maio de 2015 ás 16.00 horas. Revisión: 9 de xuño.


Convocatoria de xullo: 8 de xullo de 2015 ás 16.00 horas. Revisión do exame: 16 de xullo de 2015.


Horario de titorías:


Primeiro cuadrimestre: mércores, 15.30 a 19.30 horas.


Segunda cuadrimestre; mércores, 15.30 a 19.30 horas.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000