Guia docente 2014_15
Facultade de Ciencias da Educación
Grao en Educación Social
 Materias
  Educación: Pedagoxía social
   Competencias de titulación
Código Descrición
A1 Integrar criticamente os supostos teóricos, filosóficos, históricos, sociolóxicos, psicolóxicos, pedagóxicos, culturais, políticos, lexislativos que están na base dos procesos de intervención socioeducativa
A4 Analizar e diagnosticar a realidade complexa que fundamenta o desenvolvemento dos procesos socioeducativos
A6 Comprender a traxectoria da educación social e a configuración do seu campo e identidade profesional, a nivel comunitario, estatal, europeo e internacional
A8 Potenciar estruturas e procesos de participación e acción comunitaria, aplicando programas e técnicas de intervención (dinámica de grupos, motivación, negociación e promoción da asertividade...)
A10 Desenvolver programas e proxectos no ámbito da educación especializada (menores, necesidades educativas especiais, centros de saúde, condutas adictivas, institucións penitenciarias, e persoas e colectivos en risco de exclusión...)
A18 Ter capacidade para potenciar as relacións interpersoais, desenvolver habilidades de comunicación interpersoal, solidariedade e empatía
A20 Asesorar na elaboración e aplicación de plans, programas, proxectos e actividades socioeducativas
A22 Estar comprometido coa calidade de actuación e moverse de acordo cos principios deontolóxicos do/a educador/a social
B1 Capacidade de análise e síntese
B2 Planificación e organización
B3 Comunicación oral e escrita na/s lingua/s materna/s con apertura a outros códigos lingüísticos, en especial, as linguas cooficiais na comunidade galega
B19 Compromiso coa identidade, desenvolvemento e ética profesional
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000