Guia docente 2020_21
Facultade de Ciencias
Grao en Enxeñaría Agraria
 Materias
  Instalacións industriais
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece una planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.

=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===
* Metodoloxías docentes que se manteñen
Mantéñense sen modificacións todas as metodoloxías que implican a realización de traballos ou exercicios fora de aula, posterior entrega e avaliación. Máis concretamente, mantéñense as metodoloxías "Traballo tutelado" e as entregas de exercicios propostos para realización fora de aula dentro de "Seminario"

* Metodoloxías docentes que se modifican

No caso da metodoloxía "Lección maxistral" as clases pasan a impartirse de forma virtual, preferentemente mediante a "Aula virtual" dentro do "Campus Virtual" da Universidade de Vigo.
Igualmente, a "Presentación" do traballo tutelado será realizada mediante a Aula Virtual

* Mecanismo non presencial de atención ao alumnado (titorías)
As titorías serán atendidas mediante correo electrónico ou ben a través do Despacho Virtual, con cita previa

* Modificacións (se proceder) dos contidos a impartir
Non hai modificacións


=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===
Neste apartado a modificación ven dada basicamente na forma de realizar os diferentes exames, pasando a realizarse de forma virtual cando non puidera ser de forma presencial. Non se vería afectada a ponderación de cada caso.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000